Declaración

Todo estaba preparado para a 33ª Reunión do Comité de Patrimonio Mundial, que se celebrou en Sevilla desde o 22 ao 27 de xuño de 2009. O Comité tivo que estudar 27 candidaturas entre bens naturais e culturais, das cales só se inscribiron 11 bens culturais, 2 bens naturais e 3 ampliacións de bens xa declarados. Ás 18,26 horas do sábado 27 de xuño a candidatura da Torre de Hércules deixou de ser un soño para converterse nun ben inscrito na Lista de Patrimonio Mundial de acordo co criterio III das directrices operativas, que recoñece a excepcionalidade do faro por achegar un testemuño único sobre unha tradición cultural ou unha civilización viva ou desaparecida.

Desde entón, a Torre de Hércules é o único faro inscrito na Lista de Patrimonio Mundial.

Máis información sobre Declaración [.PDF]