Rutas

A Torre de Hércules é un monumento que conta cun contorno protexido de extraordinario valor paisaxístico, histórico, etnográfico, arqueolóxico… que foi recoñecido recentemente pola UNESCO. O visitante que se achegue a este lugar pode percorrelo e descubrilo a través das sendas que discorren nas proximidades dos acantilados.

Na actualidade deseñáronse catro rutas que percorren o Campo da Rata, Punta Herminia, a península da Torre e a praia da Lagoa. Son todas elas rutas de pouca dificultade que se poden percorrer en familia gozando das vistas e da contorna.

No Centro de Recepción de Visitantes daránselles as indicacións necesarias aos interesados dos puntos de Bluetooth nos que se pode descargar a información pertinente. Ademais ao longo das sendas dispuxéronse paneis informativos nos que se detalla os puntos de interese cultural e natural.