Parque escultórico

Este museo ao aire libre esténdese pola Península da torre, Punta Herminia, O Acoroado e o Cabal de Pradeira, ao longo de 47 ha, é dicir, ocupando parte dos límites da zona do contorno da Torre (core zone). As esculturas distribúense no espazo verde que rodea a Torre, nun xogo de perspectivas moi suxestivo e en diálogo permanente co propio monumento. A temática elixida polos artistas pode ordenarse en torno a varias vías temáticas:

Os relatos mitolóxicos que vinculan a fundación da Torre co propio Hércules ou co caudillo celta Breogán, a quen a historiografía do século XIX relaciona coa orixe do propio monumento.

As referencias ao mundo do mar, á navegación e ás rutas, que nos falan desa vocación mariñeira que aparece intrinsecamente unida ao pasado do pobo galego desde os inicios da súa historia.

Neste espazo escultórico integráronse unha serie de elementos preexistentes que se explican dentro do seu contexto histórico por medio de paneis informativos que difunden o valor que teñen dentro deste lugar. Entre eles podemos destacar: o Monte dos Bicos, o Cemiterio Mouro e as balizas que axudan na navegación.

Máis información sobre Parque escultórico [.PDF]