Visitas á Torre

Horario

De luns a domingo

De outubro a maio: de 10:00 a 18:00 (peche de entrada ás 17:30h)

De xuño a setembro: de 10:00 a 21:00 (peche de entrada ás 20:30h)

**Dende o 15 de xuño e ata finais de verán non se reservan visitas guiadas debido á grande afluencia de público e a necesidade de respetar o aforo máximo de 30 persoas.

Tarifas

Tarifa xeral: 3 €

Tarifa reducida: 1,50€

Aplicarase nos seguintes casos:

  • Menores de 14 anos, titulares de Carné Xove e maiores de 65 anos.
  • Grupos de máis de 20 persoas en visita, previamente concertada.
  • Os días e nos casos que estableza a Xunta de Goberno.

Cota cero

Aplicarase nos seguintes casos:

  • Grupos educativos do municipio da Coruña en visita previamente concertada.
  • Entradas para os profesores responsables dos grupos ou guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, previa presentación do seu carné.
  • Persoas con algunha minusvalía física ou psíquica, previa acreditación.
  • Visitas patrocinadas polo Concello, previa resolución que así o declare.
  • Visitas de membros da Asociación de Amigos do Arqueolóxico e do International Council of Museums.
  • O Día Internacional dos Museos.
  • Todos os luns do ano.

Como chegar

  • En coche: aparcamento na chaira da Torre.
  • En autobús urbano: 3, 3A, 5.
  • En tranvía turístico: dispón de varias paradas no Paseo Marítimo.
  • En bicicleta: carril bici ó longo do Paseo Marítimo.