Descrición

A Torre de Hércules é o único faro romano que desde as súas orixes ata a actualidade cumpriu coa súa función primixenia: a de servir de sinal marítimo e instrumento de navegación para as embarcacións que na súa singradura atravesan o corredor atlántico. Esta particularidade convérteo nun exemplo excepcional como testemuño único dos numerosos faros que as civilizacións do pasado construíron ás beiras do mar e que desgraciadamente se perderon no devir da historia, mentres a Torre de Hércules continúa a cumprir coa misión de orientar e dirixir os homes do mar que se enfrontan diariamente coa inmensidade do océano.

O faro foi construído con toda probabilidade na segunda metade do século I ou nos primeiros anos do século II d. C. polo Imperio romano no finis terrae do mundo coñecido, é dicir, no noroeste de Hispania, na entrada do gran Golfo Ártabro que comprende as rías do Burgo, Ares e Ferrol (A Coruña. España), para acompañar os barcos que bordeaban o extremo máis occidental do Imperio. O lugar elixido para a súa situación foi unha lomba rochosa, denominada Punta Eiras, de case 57 metros de altura, que está entre Punta Herminia e Punta do Orzán, dominando o extremo setentrional da península na que se asenta a propia cidade da Coruña.

Esta singular construción é de planta cuadrangular de aproximadamente 11,75 m de lado e presenta unha altura total de 55 m, dos cales34,38 m corresponden á fábrica romana e 21 m á restauración realizada no 1789 para modernizar o sistema de sinalización marítima. Naactualidade a Torre levántase sobre unha ampla plataforma poligonal de 32,40 m de ancho, que lle serve de base e que se const ruíu aprincipios do século XIX. Exteriormente, o monumento presenta  unha estrutura prismática sobre a que se dispón un remate torreadooctogonal con reforzos de sección triangular nas esquinas, que suaviza o arranque da base cadrada. A este primeiro corpo torreadosucédelle outro, decrecente en altura, que lle serve de base á lanterna na que está a potente lámpada que ilumina coa súa luz os intrépidosnavegantes.

Máis información sobre a Descrición da Torre