Datos estatísticos

A Torre de Hércules é o monumento máis visitado da Coruña porque é o máis coñecido e ademais conta cunha contorna moi atractiva para os visitantes pola súa beleza paisaxística.

Segundo os datos dispoñibles, as visitas repártense ao longo do ano pero cun incremento importante durante os meses de verán e das vacacións de Semana Santa. Nas cifras anuais de visitantes obsérvanse variacións significativas dependendo de se coincide co Ano Santo compostelán porque se produce unha maior afluencia, dado que parte dos peregrinos fan unha parada na Torre de Hércules antes de emprender o regreso aos seus lugares de orixe.

Gráfico de visitantes mensuais á Torre de Hércules