Miles de persoas celebran a proclamación da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

21 de abril de 2010

Fonte: Turismo da Coruña


O primeiro tenente de alcalde e responsable de área de Turismo, Henrique Tello, salientou que o sábado 5 de xullo será lembrado como unha noite eterna da ledicia e a emoción na que os fogos artificiais iluminaron o faro nunha sesión pirotécnica histórica para a cidade.


Miles de persoas celebraron a pasada fin de semana a proclamación da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, nunha festa multitudinaria na que non faltaron a música, o baile, os espectáculos e a diversión, grazas á verbena organizada no aberto do faro. Máis de sete horas de festa continuada, con polbo e demais receitas tradicionais para repoñer forzas, nas que sen dúbida o prato forte foi o grande espectáculo pirotécnico dedicado a este acontecemento histórico. Foi unha das mellores sesións de fogos artificiais que se lembran na historia da cidade, nun escenario de excepción que fixo honor ao seu recente título, arroupado por coruñeses e visitantes de todas as idades que simbolizaron como nunca o apoio do monumento máis emblemático da cidade. Nada menos que cen quilos de explosivo e 350 quilos de masa pirotecnia iluminaron, en máis de 1.500 fogos de artificio lanzados desde o contorno da Torre ao ceo coruñés, que aguantou o tipo e non descargou a chuvia que ameazaba sen atreverse a deslucir a gran noite do faro romano.

Descargar documento