Calendario de actividades na Torre de Hércules en novembro

2 de novembro de 2018

Calendario de actividades na Torre de Hércules en novembro

Visitas guiadas, talleres, rutas e xornadas de portas abertas na Semana da Ciencia.

A Coruña, 2 de novembro de 2018.

A Torre de Hércules servirá de escenario durante todo o mes de novembro a un amplo calendario de actividades destinadas a todos os públicos. Ciencia, ecoloxía, patrimonio e talleres infantís centrarán algunhas das iniciativas que levarán a cabo durante novembro.

O día 6 de novembro. Visita á Torre de Hércules no marco do XII Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial

Entre os días 12 e 18 de novembro, Xornadas de portas abertas. Con motivo da Semana da Ciencia, a Torre de Hércules unirase aos museos científicos da cidade: Domus, Casa das Ciencias e Aquarium Finisterrae, que celebran xornadas de portas abertas.  

Os días 16 de novembro [de 16.30 a 19.30] e 17 de novembro [de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30]: Taller de  solarigrafía. O sol é un faro de lume. Inscricións en torre torredehercules@coruna.es a partir do 1 de novembro. Tamén no Centro de Interpretación e atención de visitantes ( CIAV) da Torre de Hércules.


O día 16 de novembro. Conferencia. O arqueólogo mariño Miguel San  Claudio pronunciará a conferencia Investigación: A savia do noso Patrimonio. Casa Museo Casares Quiroga 19.00 horas.

O día 18 de novembro. Taller infantil de arqueoloxía. Escritura latina, taller infantil de arqueoloxía, destinado a nenos a partir de 8 anos. Entre as 12.00 e as 13.30. Inscrición no teléfono 981 189 850, desde o 6 de novembro. Centro de Interpretación e Atención ao Visitante (CIAV) da Torre de Hércules. Inscrición ata completar aforamento de 20 nenos no 981 189 850, desde o 6 de novembro. É unha actividade conxunta co Museo  Arqueolóxico e Histórico do Castelo San Antón.

 

 

O día 14 de novembro: Iluminación extraordinaria da Torre de Hércules con motivo do Día da Diabetes

O día 17 de novembro. Iluminación extraordinaria da Torre de Hércules con motivo do Día  do Prematuro.

O día 18 de novembro. Ruta activa. Tamén no marco da Semana da Ciencia, levará a cabo unha ruta pola contorna da Torre entre as 11.30 e as 13,30 horas coordinada polo grupo naturalista Hábitat e na que os participantes retirarán os residuos atopados. na contorna do monumento. Actividade gratuíta e aberta ao público con prazas limitadas, previa reserva en Inscrición en gnhabitat. org