NOVO SISTEMA DE ACCESO Á TORRE DE HÉRCULES PARA REDUCIR AS ESPERAS E MELLORAR A EXPERIENCIA

2 de xullo de 2018

NOVO SISTEMA DE ACCESO Á TORRE DE HÉRCULES PARA REDUCIR AS ESPERAS E MELLORAR A EXPERIENCIA

As entradas para visitar o interior da Torre de Hércules por franxas horarias están á venda no CIAV (Centro de Información e Atención ao Visitante, no aparcamento ao pé da torre. Esta é unha das medidas principais que pretenden mellorar a atención ao público, reducindo as esperas nos momentos de maior afluencia, así como mellorar a experiencia da visita.

A Torre de Hércules conta xa cun novo programa informático de venda e xestión de entradas deseñado ad hoc. A aplicación permite xestionar as visitas por franxas horarias, ademáis de controlar a hora de entrada e saída dos  visitantes e recoller datos de interese estatístico. 

A contorna da Torre de Hércules conta xa con señalética coa finalidade de informar donde se poden adquirir as entradas antes de achegárense á  recepción do monumento. 

A modalidade de pago con tarxeta, servizo cada vez máis demandado, está tamén a disposición dos visitantes.