O mes de maio ven cargado de actividades Torre de Hércules - Torre de Hércules A Coruña

O mes de maio ven cargado de actividades Torre de Hércules

3 de maio de 2018

Cartel actividades maio

Teremos un obradoiro de ciencia e natureza a cargo do Grupo Naturalista Hábitat.

 Roteiro e obradoiro de escritura creativa a cargo de Xurxo Souto

Contamos coa colaboración do Club del Mar e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. 

Todas as actividades son de balde. Os detalles, a continuación. 

 

DIA DA CIENCIA NA RÚA

5 DE MAIO: Xornada de portas abertas, de 10.00 a 18.00 (última entrada ás 17.30).

12.00 a 14.00: Grupo Naturalista Habitat. Obradoiro. Xoguemos coa luz. Actividades sen inscrición nin límite de prazas.

Punto de encontro: Centro de Interpretación e Atención ao Visitante (ao pé da torre)

 

NOCTURNIA

11 e 25 DE MAIO, ás 21.00: Dous mil anos de luz. Visita nocturna á Torre de Hércules

Inscricións: a través do CMIX en  https://www.coruna.gal/cmix

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS

 17 DE MAIO, ás 11.00: A Torre soñada. Roteiro literario pola contorna da Torre de Hércules, a cargo de Xurxo Souto.

 Punto de encontro: San Amaro (peirao diante da farmacia)

 Inscricións: torredehercules@coruna.es, ata completar 40 prazas por orde de inscrición

 

 

 

SÁBADOS 19 e 26 de MAIO, 2 e 9 de XUÑO

 Obradoiro de escritura creativa. A Torre soñada, a cargo de Xurxo Souto

 Inscricións: torredehercules@coruna.es, ata completar 20 prazas por orde de inscrición

 Esta actividade terá lugar no Club del Mar, en San Amaro.

 

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

 Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos.

 18 de MAIO: Xornada de portas abertas, de 10.00 a 18.00 (última entrada ás 17.30).

 19 de MAIO, de 12.30 a 13.30: Obradoiro de autómatas pintores para nenos/as de 6 a 10 anos. Actividade de balde.

 Punto de encontro: Centro de Interpretación e Atención ao Visitante (ao pé da torre)

 Inscricións: en torredehercules@coruna.es, ata completar quince prazas por orde de inscrición