O desafío da sustentabilidade, asunto a debate nas Xornadas sobre Turismo e Patrimonio que promove o Consorcio de Turismo en colaboración coa UDC e o CENP

12 de setembro de 2017

Xornadas sobre Turismo e patrimonio, o desafío da sustentabilidade

Terán lugar do 21 ao 23 de setembro e porán sobre a mesa de debate temas de moita actualidade.

A Coruña, 12 SEP 17. O debate ao redor das vantaxes e desvantaxes do turismo que se instalou na sociedade con especial presencianos últimos meses vai formar parte dos temas de discusión nas xornadas sobre Turismo e patrimonio, o desafío da sustentabilidade, que terán lugar na Coruña entre o 21 e o 23 de setembro, promovidas polo Consorcio de Turismo e Congresos, en colaboración coa facultade de Humanidades da UDC o a Escola de Turismo.

Cantos visitantes poden absorber as nosas cidades e os nosos monumentos sen que se poñan en perigo os recursos e o benestar da poboación local? En que medida os cidadáns atopan oportunidades neste campo? Como se afronta a actividade desde as institucións e nun contexto de conflitividade? Que papel xogan as novas linguaxes da comunicación? Estes e outros temas serán os que se poñan sobre a mesa da man dos especialistas que aportarán os seus puntos de vista.

O patrimonio e o turismo cultural de Galicia e na cidade da Coruña, a interpretación e o Camiño de Santiago Terán especial relevancia durante a primeiraxornada. En tanto que na segunda colocarase o foco sobre as as dinámicas urbanas osfluxos turísticos e a capacidade de acollida a través de visións teóricas e prácticas. As políticas culturais e de patrimonio, a comunicación coas súas novas linguaxes, o mar como patrimonio e o patrimonio mundial en perigo tamén forman parte das previsións para estes días.

Inscricións:

As inscriciónsrealizánse na Facultade de Humanidades (campus de Ferrol) e na Escola de turismo.