A Torre de Hércules rexistra un 5,53% máis de visitas este verán respecto ao anterior

8 de setembro de 2016

Non hai imaxe

Agosto foi o mes de maior afluencia, con 25.825 entradas, que supoñen 833 visitas diarias

A Coruña, 7 de setembro de 2016.­ O monumento máis emblemático da cidade, a Torre de Hércules recibiu 25.825 visitas no mes de agosto e 20.375 e xullo, un total de 46.200. Os datos supoñen un incremento do 5,53% sobre o mesmo periodo do ano pasado. A media de visitantes nos meses centrais do verán sitúase así en 770 visitas diarias, é dicir, máis do dobre que na media do ano. As visitas subiron especialmente en agosto, un 8,31%, e cunha media de visitas diarias de 833. Tamén no acumulado dos primeiros oito meses do ano mantense un aumento do 5,71% chegando aos 90.361 visitantes.

Por procedencias no mes de agosto, o 81% dos visitantes á Torre foron españois, fronte ao 14,2% de europeos e o 3,67% de americanos. Tamén se rexistraron un 0,56% de visitas de asiáticos, 0,18% de africanos e 0,08% de persoas procedentes de Oceanía. Neste mes, entre os estranxeiros destacaron os portugueses (19,7% dentro dos europeos), alemáns (8,32%) e británicos (8%). Entre os americanos, as orixes máis frecuentes foron Arxentina e Venezuela.

Por orígenes en el mes de agosto, el 81% de los visitantes a la Torre fueron españoles, frente al 14,2% de europeos y el 3,67% de americanos. También se registraron un 0,56% de visitas de asiáticos, 0,18% de africanos y 0,08% de personas procedentes de Oceanía. En este mes, entre los extranjeros destacaron los portugueses (19,7% dentro de los europeos), alemanes (8,32%) y británicos (8%). Entre los americanos, los orígenes más frecuentes fueron Argentina y Venezuela.

Bos datos de balance turístico do verán

A Coruña pecha o verán con bos índices de actividade turística. A ocupación hoteleira na cidade durante o mes de agosto situouse no 86.93%, case un 4% máis que durante o mesmo mes do ano anterior. Ademais, elevouse un  10.39% a tarifa media, o que supón un incremento do impacto económico do turismo na cidade. Segundo os rexistros de Hospeco traladados a Turismo de A Coruña os prezos hoteleiros acadaron unha media do 88.33 euros durante o mes de agosto. Este crecemento na ocupación hoteleira vai en liña co aumento rexistrado no mes de xullo, que mellorou un 3% sobre o ano anterior ata o 81,57% de ocupación e coa suba do 7,61% nas tarifas ata os 71,58 euros. A previsión para o mes de setembro tamén se mantén nesa liña ascendente, cunha estimación do 73%. A xerenta de Turismo de A Coruña, Lanzada Calatayud, e o presidente, Alberto Lema, amosaron a súa satisfacción polos bos datos, que indican a boa marcha do Turismo na cidade, nun agosto no que a cidade se amosou como un atractivo destino para gozar dunha oferta de ocio na que destacou a regata Tall Ships Races e as Festas de María Pita.

Franceses, italianos e británicos, nas oficinas de Turismo

As visitas contabilizadas nas oficinas de Turismo de A Coruña durante os meses de xullo e agosto mantivéronse así en niveis similares aos do ano pasado. Concretamente rexistráronse 48.476 consultas nos meses centrais do verán entre os dous puntos de información situados na praza de María Pita e o do Centro de Atención ao Visitante (CIAV) da Torre de Hércules. O 20,5% dos visitantes contabilizados foron turistas internacionais. Entre os foráneos, o 76% son europeos, o 21% americanos, o 1,6% asiáticos. Por nacionalidades destacan os franceses (17% dos estranxeiros), italianos (16,73%), británicos (12%), portugueses (8%) e alemáns (7%), seguidos de arxentinos (6%), estadounidenses (4%). Entre outras nacionalidades con presenza máis minoritaria recibíronse este verán tamén as visitas de persoas procedentes de países máis lonxanos como Pakistán, Bielorrusia, Israel ou Sudáfrica.

Dentro dos visitantes residentes en España os que máis visitaron  as oficinas de Turismo foron madrileños (17,7%), andaluces (13%), cataláns (13%), valencianos (9%) e vascos (7%). Os procedentes da propia comunidade galega suman un 12% dos do conxunto do Estado. 

A enquisa realizada aos visitantes tamén reflicte que o 39% dos que se achegan a preguntar nas oficinas de Turismo alóxanse na cidade.

Ademais dos puntos de información habitual, Turismo de A Coruña tamén atendeu a milleiros de turistas no stand situado no interior do porto durante a regata Tall Ships Races.