Programa de actos ‘Ave Crunia’ para celebrar o sétimo aniversario da Torre de Hércules na lista de Patrimonio Mundial

30 de xuño de 2016

Non hai imaxe

A Coruña, 30 de xuño de 2016.­ A Torre de Hércules celebra esta fin de semana o sétimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. As recreacións históricas tomarán o faro o sábado e domingo no programa de actos Ave Crunia. Descarga aquí o folleto do Ave Crunia 2016.

Este ano as representacións afondan na relevancia que tivo A Coruña como base marítima durante o Século de Ouro. Os actos realízanse en colaboración con Royal Green Jackets, Recreadores de Galicia e a Academia da Espada – Esgrima Antiga e Artes Marciais Europeas. O acceso a todos os actos é libre ata completar aforo.


Sábado 2 de xullo:

10.30 horas. Exposición de materiais no CIAV e a súa contorna

12.00 horas. No CIAV. Charla de pequeno formato sobre O equipo militar republicano e alto imperial

13.00 horas. Dramatización no CIAV: Espertar dunha matrona.

13.00 horas. No exterior. Escola de pequenos lexionarios.

13.45 horas. Desfile civil polos arredores.

16.00 horas. Reapertura da exposición.

17.00 horas. No CIAV. Dramatización: Espertar dun senador.

18.00 horas. Escola de pequenos lexionarios.

19.00 horas. Dramatización na contorna: Bendición da aguia e Ara Máxima (ofrenda a Hércules).

20.00 horas. Dramatización: Pompa gladiadora e loita de gladiadores.

Desfile desde a Torre de Hércules á rotonda de Breogán.

 

En distintos momentos realizaranse roldas e exhibicións lexionarias, na contorna do Parque da Torre de Hércules.

 

Domingo 3 de xullo:

12.00 horas. Exhibición de esgrima histórica ao pé da Torre de Hércules. Campamento do Século de Ouro e recreadores con uniformes dos Terzos. A Asociación Academia da Espada propón aos visitantes unha exhibición-taller sobre a esgrima que se practicaba  na época e os usos e costumes que a rodeaban, a súa práctica nas salas de armas e a súa implantación nos diferentes estamentos da sociedade. Ademais das explicacións, representaranse asaltos de esgrima coas armas e estilos usados na época, exposición de armas e tratados esgrimísticos  e un pequeno obradoiro para ilustrar o seu uso, cunha duración dunhas dúas horas.