Novas
Obradoiro infantil de arqueoloxía e xornada especial para celebrar o Día dos monumentos e sitios
18 de abril de 2018

O vindeiro sábado, 21 de abril, a Torre de Hércules celebra unha actividade en colaboración co Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, que consistirá nunha visita guiada familiar ao museo ás 12.00 e un obradoiro infantil de arqueoloxía ás 16.00, no Centro de Interpretación da Torre de Hércules (CIAV).
A Torre de Hércules amplía os criterios de descontos nos prezos das entradas
3 de xaneiro de 2018

A política de aplicación de descontos na venda de entradas á Torre de Hércules cambia coa entrada en vigor da nova ordenanza que regula os presos públicos para o monumento. Os estudantes, os desempregados e as familias numerosas, entre outros, veranse beneficiados. Até o de agora, o criterio cinguíase case exclusivamente ás franxas de idade.
Arquivo de noticias
- 12-09-2017 · O desafío da sustentabilidade, asunto a debate nas Xornadas sobre Turismo e Patrimonio que promove o Consorcio de Turismo en colaboración coa UDC e o CENP
- 28-08-2017 · Os nenos e nenas que participaron nos campamentos de verán visitarán a Torre de Hércules o vindeiro 1 de setembro
- 16-08-2017 · A Torre de Hércules expón os carteis de Viñetas desde o Atlántico